Biografía en Galego

Nicolas Otero Conde nace en Santiago de Compostela no ano 1979. Comeza os seus estudos musicais da man de J.L. López Castelo e Reyes López, pedagogos musicais (Composteláns), quenes lle prepararon o acceso por libre ó conservatorio. 

Acada a titulación de Profesor de Clarinete á idade de 16 anos coas máximas calificacións no Conservatorio Superior da Real Sociedade Económica Amigos do País de Santiago de Compostela.

Anos despois asistiu a cursos de clarinete con diversos clarinetistas, e recibiría leccións de clarinete de Karl Leister (o cal xa era un dos seus obxectivos na súa carreira profesional). A súa formación en dirección complétaa en Zaragoza e Madrid (2.010, 2.014) ó mesmo tempo que a amplía xunto á súa faceta como compositor por varios países europeos. 

Foi Mestre de Clarinete en varias Escolas de Música (1.995 – 2.006), entre elas na da primeira banda de música na que tocou, e no Conservatorio (1.996 – 97) no que se formou académicamente, onde a súa actividade con ensembles de alumnado é extensa. Tamén foi docente (1.995 – 97) no Colexio Público no que con anterioridade realizara os seus estudos primarios, tra-lo consello do mesmo mestre de música do centro á dirección. Colaborou profesionalmente como compositor na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela (2.011 – 13), organizando e ofrecendo concertos no centro despois de ter acadado como alumno por libre o acceso ó Grao Superior en Escultura nela. Tamén baixo a súa propia iniciativa impartíu clases de Clarinete en Centros Socioculturais de Santiago de Compostela entre os anos 2.013 e 2.015. A Universidade de Santiago de Compostela nos anos noventa publicoulle un traballo audiovisual, tocando clarinete, nos  Cursos de Aptitude Pedagóxica orientados á formación de mestres licenciados en música, sendo estudante no Instituto de Bacharelato Artístico I.E.S. Antón Fraguas.

Creou e dirixiu varios proxectos música nos que interpretou arranxos e composicións propias: Coro do C. P. A Ramallosa de Teo, Coro Castrosúa (2.002 – 05), Aula de Clarinete da Escola de Música A Berenguela (Santiago de Compostela), con recitais no Auditorio de Carreira do Conde e no CGAC – Centro Galego de Arte Contemporánea (2.002 – 06), Capela Vogal de Teo, Grupo de Cámara Santa Lucía que comezou a súa andaina no 2.009 e está integrado dende o inicio maiormente por músicos non profesionais, ciclos de música (concertos) na Galería de Arte Metro & Instituto Europeo Campus Stellae (2.016 – 19), Aula de Música Activa en Teo no Centro Sociocultural San Francisco de Asís, Teo (2.007 – 2.008), Ensemble de Clarinetes A.E.M. Asturias (2.011)… Interpretando e estreando composicións propias en actos institucionais coma do Comité Olímpico Español, de Galicia Milenio no Salón de actos ou dos Homes Nobres do Colexio de Fonseca, no Festival Galego de Coros Escolares, na Iglesia de la Venerable Orden Tercera de Santiago de Compostela, no Instituto de Bacherelato Artístico I.E.S. Antón Fraguas no ano 2.012 (tendo sido alumno anos antes), Salón Teatro de Santiago, Biblioteca Pública Anxel Casal, Hostal dos Reis Cátolicos, Café Casino, Escola de Arte Mestre Mateo, Catedral de Santiago de Compostela (a primeira Misa en Galego que compuxo, interpretada a tres voces) , Galería de Arte Metro, nos actos do centenario da Sociedade Unión y Progreso, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia…

Posúe unha extensa e variada colección de clarinetes antigos (orixinais) e actuais coa que ademais de tocar imparte conversas explicativas nas que se poden escoitar.

Antes de gaña-la súa praza de clarinetista por oposición á Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, tocou con máis de 20 bandas de música. Por petición dalgunha banda de música, colaborou con elas para acadar premios en concursos zonais, provinciais e autonómicos, algún deles organizado pola ‘Federación Galega de Bandas de Música Populares’, a cal tivo como primeiro presidente a un membro que fora da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela. Tamén tocou coa Banda da ‘Asociación de Músicos de Bandas Profesionales’ integrada por músicos de bandas de música profesionais de España.

Ó longo da súa carreira estivo baixo a dirección de Andrea Gasperin, Rafael Sanz-Espert, André Granjo, Isabel Rubio, Jesús Amboage Curros, Marcel van Bree, Andrés Valero Castells, Joan Company, José Rafael Pascual-Vilaplana, Paul Daniel, Octavio Mas, Henry Adams (…)

Tén gravadas multitude de composicións propias na Radio Galega e na Escola de Audiovisuais, tendo rexistradas máis de trescentas pezas no Depósito Legal da Biblioteca de Galicia, na SGAE, no Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia e do INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música) e na Biblioteca Nacional de España. Ademais, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), posúen manuscritos de composicións súas e unha encadernación impresa cunha selección de música composta por el. Músicos, formacións, institucións e centros educativos de tódo-los continentes contan con composicións súas.

Tocou no Ciclo de Xoves Intérpretes da Asociación Galega da Lírica un concerto con repertorio para clarinete só no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (2.011), concerto que publicitaron na Radio Nacional de España – Radio Clásica.

Formando parte da AsociaciónTeatro de Cámara Ditea (de Santiago de Compostela), no 50 aniversario da súa creación, escenifica unha representación propia a xeito de improvisación co clarinete e participa no Ciclo de Teatro Comunitario da U.S.C.

É organista autodidacta dende os nove anos de idade, na actualidade esporádicamente. Despois de tocar na maioría das Igrexas da comarca compostelá, fíxoo con regularinade na Igrexa de San Francisco en Santiago de Compostela entre os anos 2.018 e 2.021, tocando tamén nese período co Grupo de Cámara Santa Lucía. Composicións sacras súas recibiron parabéns por parte de Josep Solé Coll despois de terse coñecido persoalmente na Cidade do Vaticano (2.014) calificándoas de ‘fermosa música’.

Colaborou desinteresadamente con formacións como a Banda Sinfónica de Galicia, Banda Filharmónica de Galicia (desaparecidas), Coro da Universidade de Santiago de Compostela e Capela Compostelana, Orfeón Terra A Nosa e Real Filharmonía de Galicia, Coro e Orquesta Sinfónica de Galicia… 

Alumnas e alumnos a quenes deu ou dá clases, forman parte dalgunha formación musical, desenrolan variadas actividades artístico-musicais, decidiron emprega-lo o seu tempo nunha boa actividade persoal, exercen a docencia e/ou son músicos profesionáis.

Na actualidade dirixe o Grupo de Cámara Santa Lucía e compaxina variadas colaboracións coa súa praza de funcionario, dende o día do seu dezanove cumpreanos e en propiedade dende o 2.002, dentro da Banda Municipal de Santiago de Compostela. 

Deja una respuesta